A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia estrea imaxe na súa 37ª edición

Selvática, refrescante e provocadora, a imaxe da MIT 2021 quere expresar un dos motivos condutores da programación desta 37ª edición, as fake-news ou a manipulación na era da posverdade.

Despois dun 2020 de resistencia e compromiso, cunha edición especial, a MIT volve retomar o pulso internacional en 2021 coa presenza de mestres da escena mundial e novas figuras emerxentes do panorama escénico máis innovador. Todos os nomes serán desvelados nunha presentación que tamén explicará polo miúdo os fíos condutores.

AVANTAR ACTIVIDADES

O deseño da imaxe de 2021 volve estar asinado por Ainhoa Viñuela e Blanca Selas (A&B Comunicación e Deseño), responsables tamén do documental “Non vale parar”, estreado no mes de marzo e que retrata o recordo e as peculiaridades dunha edición pandémica a ceo aberto. A MIT volverá ser punto de encontro e referencia da escena galega grazas ao seu prestixio e proxección internacional, os talleres, presentacións e selección da escena máis vangardista, innovadora e sorprendente.