Premios Bacelos de Prata 2022

IES CHAMOSO LAMAS

A entrega dos premios será o 15 de outubro en Esposende, no pazo dos Ulloa.

ACTA PREMIOS BACELOS DE PRATA 2022

HIPER MASIDE

Sendo as 19:30 horas do día 16 de setembro de 2022 reúnense no Pazo dos Ulloa, en Esposende Ribadavia, D. Avelino Muleiro García, presidente da Asociación Álvaro das Casas; D. Xosé González Martínez, presidente do Foro Enrique Peinador; D. Clodio González Pérez, etnógrafo; D. Celso Domínguez, colleiteiro; D. Francisco Novoa Rodríguez, empresario; D. Cándido Vázquez Mosquera, propietario da Casa dos Ulloa; D. Xosé Carballido Présas, enxeñeiro técnico da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia e Dna. Carme Pérez Vaquero, secretaria da Asociación Álvaro das Casas coa finalidade de valorar as propostas presentadas na XIV edición dos premios Bacelos de Prata. Logo de deliberaren sobre as mesmas acordan conceder os premios do ano 2022 a:
ADEGA TERRAS DE BENDAÑA, de Sobrado – San Pedro de Lincora (Lugo) da denominación de orixe Ribeira Sacra, adega pioneira en Galicia na utilización da lingua galega na etiquetaxe do seu viño TERRAS DE BENDAÑA, feito coas variedades propias do territorio que desde unha coidada vendima ata a súa elaboración resume unha maneira de facer en busca da calidade. É de destacar o traballo realizado desde hai máis de 20 anos polos propietarios na promoción e recuperación da etnografía da zona coa creación do Centro Etnográfico Ribeirao promovendo unha homenaxe as paraxes da ribeira chantadina. Desde o ano 2002 levan a cabo o Premio Moncho do Pío de traballos periodísticos que versen sobre patrimonio, cultura ou calquera outra visión que
sobrancee o territorio da Ribeira Sacra, en consonancia coa responsabilidade social corporativa que caracteriza ás empresas que se identifican co espazo no que están asentadas.
ADEGAS CELME, de Astariz-Castrelo de Miño (Ourense) da denominación de orixe Ribeiro, un proxecto que nace de man de dous novos emprendedores que decidiron sacar adiante seu proxecto vital apostando pola recuperación do agro como forma de vida, producindo viños en ecolóxico elaborados con castes autóctonas: Sousón, Brancellao, Treixadura, Godello, Albariño, etc…
CELME DE PENA BICADA e CELME GARABITO en brancos e CELME DO SOUTO tinto e
o vermú CELMÚ todos etiquetados exclusivamente en lingua galega como sinal de identidade e garantia dunha maneira de facer que promove unha recuperación respectuosa co territorio e o medio ambiente e achegando ao mercado produtos de alta calidade. Considera o xurado que iniciativas como esta son fundamentais para fixar poboación no rural e evitar a despoboación masiva dos territorios do interior de Galicia.
Sendo as 20:45 horas levántase a sesión do que como secretaria dou fe asinando ao pé os membros do xurado.