Nicolás González Casares participou no encontro ‘Actores na protección e control do medio mariño: o papel das confrarías de pescadores

IES CHAMOSO LAMAS

Esta mañá celebrouse no Pazo de Mariñán de Bergondo unha xornada organizada pola Federación Galega de Confrarías de Pescadores dirixida a analizar o papel da pesca na protección e control do medio mariño e o traballo determinante que desempeñan as confrarías.

A xornada non permaneceu allea á decisión de Bruxelas de pechar oitenta e sete áreas de pesca. O eurodeputado Casares, relator dunha das mesas de debate, fixo un repaso do marco hostil que representa a actual Comisión con respecto á pesca co Comisario á fronte, posto que prioriza o piar medioambiental sobre o económico e social sen ter en conta o coñecemento científico dispoñible.

Durante a súa intervención, informou que os trílogos -a negociación final da lexislación entre Parlamento, Consello e Comisión Europea- “vai lenta”; e aínda non se entrou a negociar os principais puntos conflitivos como son o da xeolocalización ou o do diario de abordo. Con todo, Casares pero ve puntos positivos no avance das negociacións que considera “teñen que ser adaptadas á realidade do terreo, neste caso á galega” .

“É tempo de considerar as confrarías como unha realidade que ten que estar na nova Política Pesqueira Común (PPC) pois están completamente enraizadas no territorio e nas economías locais dos portos pesqueiros”, sinalou González Casares.

Finalmente, comprometeuse a levar ao sector a Bruxelas para que “se teña en conta a sensibilidade do sector das confrarías e da pesca artesanal”.

A xornada

SPORTUR GALICIA 2022

A xornada dividiuse en tres mesas de debate nas que participaron, entre outros, o director xeral de pesca da Xunta de Galicia, Antonio Basanta; a eurodeputada Ana Miranda; o xefe do servizo marítimo da Garda Civil, Héctor de la Roz ou o subdirector xeral de Gardacostas de Galicia, Lino Sexto.

Este encontro finalizou cun debate ao redor da coxestión e o control no que interviron o director xeral da Mariña Mercante, Benito Núñez, e a subdirectora xeral de Seguridade, Contaminación e Inspección Marítima, Ana Núñez.