A Xunta inicia novos traballos de roza e limpeza en estradas autonómicas do Carballiño e o Ribeiro

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Xunta iniciou hoxe novos traballos de roza e limpeza nas marxes das estradas autonómicas ao seu paso polas provincias da Coruña, Lugo e Ourense.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Na provincia de Ourense comezarán novas obras nas estradas OU-212, nos concellos de Beariz, Avión, Leiro, Carballeda de Avia e Beade.

Estas novas actuacións de conservación nas vías de titularidade da Xunta permitirán a roza mecánica de máis de 2.600 quilómetros lineais e actuar sobre unha superficie de máis de 188.500 metros cadrados de xeito manual.

Ademais, retiraranse máis de 5.600 árbores situadas no dominio público das vías susceptibles de provocar incendios ou de supoñer risco de caída na calzada.