A Confederación Empresarial de Ourense reunía unha mesa negociadora para a tarde de onte ca intención de chegar a un acordo que evitase a folga indefinida. O encontro non durou nin media hora e a folga sigue adiante.
A oferta de modificación do acordo que puxeron enriba da mesa as empresas foi unha “peor proposta” que a que presentaran en maio. Ademais, a proposta da patronal fixaba o 1 de xullo como data para comezar a cobrar o atraso salarial, en lugar do 1 de
xaneiro, como pedían os traballadores.
Os sindicalistas consideran “insultante” que a patronal presentasen unha “posición inamovible”, sen posibilidade de debatela ou modificala. Así, a folga segue en marcha cos piquetes e continuará indefinidamente ata que as dúas partes cheguen a un acordo. No Carballiño, hoxe estivemos no cambio de turno dos traballadores da empresa GRI Towers onde os traballadores deixaron claras as súas reivindicacións fronte ós que decidían acudir a traballar.