A Consellería de Cultura obriga a adaptar o proxecto de reforma das rúas Aureliano Ferreiro e As Canteiras de Maceda, como demanda o Bng

A paralización das obras obras das rúas Aureliano Ferreiro e As Canteiras dalle a razón ás veciñas e veciños e ao BNG nas súas reivindicacións

Maceda, 6 de outubro de 2022. A Asemblea Local do BNG de Maceda informa que as obras das rúas Aureliano Ferreiro e As Canteiras,  non comezarán cando menos ata que a Axencia Galega de Infraestruturas, da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, adapte o proxecto de reforma ás condicións que lle impuxo o Servizo de Patrimonio Cultural da  Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

AVANTAR ACTIVIDADES

Para o BNG, a paralización das obras desautoriza ao alcalde de Maceda, que  prometera incialmente que as obras se iniciarían en xuño para afirmar posteriormente que se iniciarían en Setembro.  Desde o BNG  tamén lembramos que o 18 de xaneiro presentouse unha moción no Pleno Municipal sobre este tema, que foi rexeitada polo Grupo municipal do PP. 

A paralización da obra por parte do Servizo de Patrimonio Cultural ven a darlle a razón ás veciñas e veciños e ó BNG nas súas reivindicacións. O BNG de Maceda, polo tanto, aplaude a reforma do proxecto que pide o Servizo de Patrimonio Cultural, pero consideraa insuficiente e vai máis aló, esixindo que se respecten as peticións e recomendacións xa solicitadas con anterioridade: 

·         Modificar o Proxecto de Remodelación para que a capa superior da plataforma sexa fundamentalmente de “adoquíns”, aproveitando os actuais e colocándoos de novo, o que pode ser compatible coa utilización tamén de outros materiais como a pedra, formigón, etc.

·          Realizar antes as obras necesarias de mellora na canalización da subministración de auga potable, recollida de augas residuais e pluviais, servizo de electricidade, fibra óptica e gas, para evitar obras de nos vindeiros anos.    

·         Conservar as árbores que están en bo estado, plantar outras novas e colocar vexetación e mobiliario adecuado que favorezan a humanización da vila.

·         Facer unha adecuada circunvalación que conecte as cinco principais vías de entrada e saída da vila para reducir a circulación polo centro urbano.

Neste sentido, convén recordar que o BNG, presentou o 10 de xuño deste ano unha Proposta para debate no Parlamento de Galicia, e fixo tamén unha Pregunta por escrito, relacionadas coa reforma destas rúas.  Non tivemos ata agora novas de cando se vai debater, nin de cando o Goberno Galego terá a ben contestar á pregunta.   

Ademais, o 27 de decembro, o concelleiro nacionalista de Maceda notificoulle ó Servizo de Patrimonio Cultural da Xefatura Territorial de Ourense que o proxecto de reforma desas rúas constitúe un atentado ao noso patrimonio cultural. “Esta opinión non é exclusiva do grupo nacionalista, se non que reflicte o sentir de gran parte das veciñas e veciños que xa se mobilizaran pola súa conta recollendo firmas contra a retirada do adoquín.

 O fronte nacionalista considera, como xa se incicou con anterioridade,  necesaria a remodelación pero conservando o adoquinado, conservando así o distintivo do patrimonio do pobo. “Consideramos fundamental, ademais, realizar obras de mellora de infraestrutura previas á reforma do pavimento como a mellora do saneamento, abastecemento de auga, conducións eléctricas e de telecomunicacións….”