Produción autóctona de aceite

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A Asociación de Produtores de Aceite e Aceituna de Galicia estrea un selo de garantía que acredita a produción autóctona de aceite

A Asociación de Produtores de Aceite e Aceituna de Galicia – APAAG -, vén de facer público un selo que garante a produción de aceite con olivas procedentes en exclusiva do territorio galego.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Esta iniciativa, resultado de meses de traballo, consiste na primeira certificación de carácter oficial que poderán utilizar en exclusiva os produtores da asociación APAAG. Tal e como explica o presidente da asociación José García: O novo selo marca un paso moi importante á hora de garantir que o aceite galego está feito exclusivamente a partir de oliveiras plantadas na nosa comunidade.

O lugar para dar a coñecer esta nova imaxe foi o antigo local da cooperativa, no concello ourensán de Arnoia, no corazón da comarca do Ribeiro, e onde hai numerosas plantacións de oliveiras.

Ademais, aproveitouse para dar por inaugurada a nova sede da asociación, froito dunha colaboración institucional entre concello e a APAAG.

A Asociación de Produtores de Aceite e Aceituna de Galicia – APAAG – segue, desta maneira, dando pasos de cara á consolidación do sector oliveiral na Comunidade Autónoma de Galicia. A procura dun marco normativo que defenda, garanta e promocione a produción de Aceites de Oliva Virxe Extra procedentes de oliveiras en Galicia é un dos fins principais da APAAG. Para acadar este obxectivo, o selo é un primeiro paso importantísimo, en palabras do propio presidente da APAAG.

Asistentes
O acto contou coa asistencia de numerosos asociados e representantes institucionais que viñeron a arroupar esta iniciativa. Avelino Pazos, membro da directiva da APAAG, foi o encargado de facer as presentacións. Posteriormente, falou o alcalde de Arnoia, Rodrigo Aparicio, e o presidente da APAAG, José Antonio García. Ademais destes, interviñeron tamén o presidente da Axencia Galega de Calidade Alimentaria – AGACAL -, José Manuel Rodríguez, para rematar pechando o acto o Vicepresidente da Deputación Provincial de Ourense, Rosendo Fernández.


A APAAG
A Asociación de Produtores de Aceite e Aceituna de Galicia, naceu en decembro do 2014 pretendendo agrupar nunha mesma entidade a todos os produtores de aceite e aceituna do territorio galego para asesorar sobre todo o relativo á cultivo das oliveiras.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------