Este sábado, 15 de outubro, achegarase á vila Gargallada, grupo de teatro do Barco coa comedia “UN DESASTRE DE FUNCIÓN”; unha obra na que unha compañía de teatro pretende representar un ambicioso drama de crime e misterio, véndose envolta durante toda a actuación nunha serie de inesperados desastres.
A representación será no Auditorio Manuel María da vila do Carballiño as 20:00 horas mañá sábado, cun custe por entrada de 5 euros.