A I Subida a Vilar de Barrio achegará o Automobilismo de Montaña por primeira vez á comarca da Limia

Da man da Escuadra Talariño, e coa colaboración da Escuadra Valdeorras, a I SUBIDA A VILAR DE BARRIO achegará por primeira vez á ourensá comarca da Limia o Automobilismo de Montaña sendo valedoira a cita para a Copa de España de Escuadras de Montaña.

A nova proba terá lugar os próximos días 5 e 6 de novembro, nun fermoso trazado na estrada OU-113 que parte desde a Estación de Ferrocarril de Vilar de Barrio e conta cun total de 4.800 metros no seu percorrido, un desnivel de 302m e unha pendente media do 5.64%.

AVANTAR ACTIVIDADES

Será unha fin de semana no que as habituais mangas de adestramento e carreiras oficiais, a dobre xornada de sábado e domingo, atraerán de novo á provincia de Ourense unha cita nacional da especialidade.