O Concello do Carballiño retomará a actividade da Escola de Xadrez e este xoves, día 13, procedeuse a abrir o prazo de inscrición para todos aqueles que desexen asistir ás clases. A formalización da inscrición deberase formalizar na área de Deportes do Concello carballiñés.
Para poder recuperar a actividade contarase coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense e as clases serán impartidas polo Club Deportivo Xadrez de Ourense. A Escola de Xadrez volverá á actividade o día 21 de outubro e as clases desenvolverase, tanto para rapaces como para adultos, nas instalacións do Conservatorio de Música do Carballiño.
En principio será ás 19.00 horas cando se impartan as clases. De darse o caso, en base á demanda, organizaríase un segundo grupo e habería clases ás 19.00 e 20.00 horas. O prezo das clases da Escola de Xadrez será de 11 euros ao mes.