Inorde e Cáritas renovan a súa alianza de colaboración para formar en agricultura a persoas en risco de exclusión social

IES CHAMOSO LAMAS

Rosendo Fernández e María Tabarés asinaron hoxe, na sede do Inorde, un convenio entre ambas entidades que rexe a posta en marcha dunha nova edición desta oferta formativa que se complementa, ao igual co ano pasado, cunhas xornadas de alfabetización

O presidente do Inorde destacou que esta iniciativa “non só nos permite ofrecer unha saída laboral ás persoas que participan na mesma nun dos sectores máis estratéxicos da nosa economía provincial, senón que ademais, o produto resultante desta formación será destinado a entidades sociais que colaboran coa xente que máis o precisa”

HIPER MASIDE

O Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico e Cáritas Diocesana de Ourense veñen de renovar a súa alianza de colaboración, que manteñen desde o ano 2013, para formar en agricultura a persoas en risco de exclusión social. Así o recolle, o convenio asinado hoxe, na sede do Inorde, entre o presidente de dito organismo provincial, Rosendo Fernández; e a directora de Cáritas Diocesana de Ourense, María Tábares, documento que rexe a posta en marcha dunha nova edición desta oferta formativa que se complementa, ao igual co ano pasado, cunhas xornadas de alfabetización.

O presidente do Inorde destacou que esta iniciativa “non só nos permite ofrecer unha saída laboral ás persoas que participan na mesma nun dos sectores máis estratéxicos da nosa economía provincial, senón que ademais, o produto resultante desta formación será destinado a entidades sociais que colaboran coa xente que máis o precisa”.

O ano pasado, valorando as necesidades dos participantes, decidiuse ampliar esta actividade cun “módulo de alfabetización previo que dote de ferramentas culturais ao alumnado do curso que así o precise, e que lles permita posteriormente unha maior compresión da formación agraria”, salientou Rosendo Fernández. Neste sentido, a directora de Cáritas Ourense dixo que “a pesar de que as xornadas de alfabetización resultna máis duras para os inscritos, o éxito desta iniciativa evidenciase edición tras edición, como este ano que non só temos cubertas as 10 prazas que ofrecemos, senón que temos a cinco persoas máis en lista de espera para sumarse a esta formación”.

O Inorde comprométese a ceder a aula de formación do Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro e as fincas de ensaio, así como a que o persoal de dito organismo sexa o encargado de impartir a parte teórica e práctica da materia agrícola. Mentres que, Cáritas Ourense asume a organización e desenvolvemento da acción formativa seleccionando aos participantes, asumindo as cuestións administrativas e legais relacionadas cos mesmos, establecendo os criterios para a superación do curso e emitindo os correspondentes diplomas xustificativos.

O curso de agricultura leva formando, desde a súa posta en marcha, a máis de 100 persoas, aportándolle as habilidades e os coñecementos técnicos precisos para acadar un lugar na estrutura produtiva do sector primario, vía posto de traballo ou ben por iniciar procesos de emprendemento e autoemprego.