O concello de Leiro remata a mellora da accesibilidade no barrio de Os Carrís

O concello de Leiro ven de rematar diversos proxectos de mellora en varios núcleos do municipio. É o caso, por exemplo, da zona dos Carrís. O pasado ano levouse a cabo unha mellora na iluminación deste barrio, e agora acabase de rematar unha mellora da accesibilidade. Antigamente, o acceso consistía nunhas escaleiras, que agora foron eliminadas para favorecer o tránsito de persoas con mobilidade reducida. Este proxecto foi levado a cabo cunha axuda da Deputación de Ourense de 35.000 euros. O alcalde, Francisco José Fernández, explícanos máis destas obras.

Tamén se remataron xa as melloras no acceso a Cabo, A Barrouta, ambas en San Clodio. Estas obras correspóndense a unha primeira fase, e o alcalde espera que en 2023 se poida continuar grazas á colaboración da Deputación de Ourense.

AVANTAR ACTIVIDADES