Comezou o Proxecto Recreos Activos/Patios Dinámicos incluído dentro do PLAN RIBADAVIA ACTIVA, promovido polo Consello Municipal de Deportes, en coordinación cos Departamentos de Educación Física dos centros de ensino de Ribadavia, CPI PLURILINGÜE RIBADAVIA e CRA AMENCER.Ten lugar no horario de recreo, e son actividades dirixidas polos técnicos aportados polos clubes de Ribadavia e polo Servizo Municipal de Deportes, que dirixe o Concelleiro Enrique Rodríguez.
O obxetivo é estimular no alumnado de Ribadavia a práctica de actividade física saúdable seguindo as recomendacións da OMS e incrementala na poboación infantil do noso municipio.
Este proxecto que se mantera ao longo do curso, será o primeiro de varios que a Concellaría de Deportes xunto cos centros educativos teñen previsto realizar.A este uniraselle o Proxecto DAFIS e mais o Proxecto de Dinamización da Vida Activa e Deportiva, que tamén se poñerán en funcionamento neste primer trimestre.
A avaliación feita desde as Concellarías de Deportes, de Enrique Rodríguez, e de Ensino, por Paula Rodríguez, é moi positiva destacando a boa acollida recibida deste programa tanto polo alumnado como polo profesorado.
Agradecer tamén a colaboración dos clubes deportivos de Ribadavia e do profesorado.
Desde o Concello agradecemos a boa cooperación coa Consellaría de Educación da Xunta e do seu programa CP INNOVA, cooperación dirixida a mellora da calidade do ensino e da saúde dos nosos veciños máis novos.
Máis información en : https://deportesribadavia.es/recreos-activos-patios-dinamicos/