O PSOE do Irixo reitera a petición dunha marquesiña de bus para un escolar

IES CHAMOSO LAMAS

O portavoz socialista do Irixo Iago Fariñas solicitou xa fai máis dun ano a colocación urxente e necesaria dunha marquesiña para que un escolar do Irixo puidese esperar o autobús resgardadado da chuvia e do frío, comprometéndose o alcalde a facelo.

Esta mesma petición foise reiterando, con outras moitas, nas seguintes sesións plenarias. Aseguran que no Irixo sobran marquesiñas esquecidas nas silveiras, en pobos que non teñen nin nenos nin veciños ou noutros casos úsanas particulares para gardar leña. O PSOE lamenta que non se atenda un dereito fundamental como consideran este.

O CAMPO DA FEIRA NON SE PECHA