Espazo Común presenta unha moción para a ampliación do túnel dos Catro Camiños

MOCIÓN PARA A AMPLIACIÓN DO TÚNEL DOS CATROS CAMIÑOS en base á seguinte

                                                        EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

AVANTAR ACTIVIDADES

Unha das carencias máis importantes que padece o Carballiño no tocante ao seu prantexamento urbanístico é, a todas luces, a falla de chan público no que poder desenvolver obras e proxectos que se fan imprescindibles para garantir o crecemento futuro do noso pobo.

Esta crúa e innegable realidade queda de relevo en cada unha das ocasións nas que se debate sobre a ubicación dunha nova infraestrutura. Sirva coma exemplo o recente caso do novo Centro Integral de Saúde que semella condeado a ser erixido nun lugar que non agrada practicamente a ninguén.

Cómpre, polo tanto, abordar con urxencia esta problemática e comezar a tomar decisións que permitan a ampliación da dispoñibilidade de espazos para o servizo e o lecer dos cidadáns.

Sen ningunha dúbida, unha das máis vantaxosas en tódolos sentidos, sería acometer por fin unha obra da que se leva falando dende hai xa máis dunha década.

Referímonos á ampliación do túnel de Rapariz nos Catro Camiños cubrindo as vías do tren e gañando gran cantidade de terreo en superficie.

A súa situación nunha das zonas de maior crecemento poboacional e expansión e as posibilidades que ofrece fan deste proxecto un eixo fundamental para o desenvolvemento futuro da contorna.

A súa construción xa foi autorizada polo ADIF dende o ano 2009, dende o 2010 existe xa un proxecto redactado só é necesario que o Concello se poña máns á obra para a súa execución.

Os pequenos parques actuais situados a ambos lados da estrada, chegarían a unha superficie de arredor de 5.000 metros cadrados, permitindo ubicar neles: zonas verdes, un gran parque infantil e zonas de ocio para xente de tódalas idades e incluso novas prazas de aparcamento.

Sería tamén unha inmensa mellora para as rúas Testeiro, Serrá Martiñá e Bos Aires que experimentarían un cambio urbanístico de grandes proporcións.

Visto todo o anteriormente comentado,

                                                              SOLICITAMOS

  1. Que se execute con urxencia a obra de ampliación do Túnel dos Catro Camiños para gañar unha gran cantidade de solo público para novas infraestruturas.