A CEO e o CCA organizan unha xornada sobre márketing dixital para os negocios do Carballiño

A CEO, en colaboración coa Universidade de Vigo e o Centro Comercial Aberto do Carballiño, organizan unhas xornadas sobre marketing dixital aplicado á empresa. Será unha cita presencial, hoxe martes 15, na Casa da Cultura do Carballiño a partir das 20:30 horas.

Ademais da presentación de Marisol Nóvoa e Julián Garriga como responsables das entidades empresariais CEO e CCA Carballiño, respectivamente, participará como moderadora Montserrat Cruz, decana da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo. Os relatores serán:

AVANTAR ACTIVIDADES

Andrés López – director de Kuatro Marketing Digital.
Pablo Osorio – mentor de emprendemento, especializado nas áreas de marketing, comunicación e estratexia.
Ana Adán – coordinadora de proxectos de emprendemento na área de dinamización rural e empregabilidade.