O BNG acada o apoio unánime na Deputación para que os concellos que apliquen métodos de compostaxe sexa igualmente bonificados pola Xunta que os acollidos ao modelo sogama

Bernardo Varela “esta é unha proposta coa que aplicar a lóxica na xestión dos residuos nos nosos concellos, especialmente na fracción orgánica, xa que en moitos deles o quinto contedor é absolutamente inviable e polo tanto non pode ser esixible pola Xunta de Galiza”

Ourense, 25 de novembro de 2022. O voceiro do grupo provincial do BNG na Deputación de Ourense, Bernardo Varela,  presentaba por vía de urxencia unha moción ante o pleno do ente provincial coa que interpelaba ao goberno galego a bonificar aos concellos que se acolleran a modelos de compostaxe para a xestión de biorresiduos do mesmo xeito que se bonifica aos concellos que opten polo contedor marrón. 

AVANTAR ACTIVIDADES

 O pleno aprobou a proposta do grupo nacionalista para demandar da Xunta de Galiza que aplique o 15% de redución do canon de SOGAMA a todos aqueles concellos galegos que apliquen calquera sistema de separación e compostaxe da fracción FORSU, dos recollidos na Lei 7/2022, de residuos e chans contaminados para unha economía circular. E que ó tempo teñan o compromiso dunha cobertura de separación de biorresiduos de cando menos un 20% da súa poboación total no ano 2023.

 O obxetivo da Lei 7/2022 de residuos e chans contaminados para unha economía circular, sinalaba Varela, é reducir a cantidade de lixo producimos  e minimizar o impacto ambiental e para elo o lóxico é que separemos máis do 40% da fracción orgánica  que leva a bolsa que cada un de nós producimos

 Tal como trasladou Varela ao pleno, a nova lei non establece en ningún punto que a separación de biorresiduos teña que ser exclusivamente polo contedor marrón, senon que propón tres modelos e/ou a posible combinación dos mesmos, a saber: compostaxe doméstica (autocompostaxe), compostaxe comunitaria e contedor marrón (tamén coñecido como 5º contedor).

Plans de Cooperación: non son xustos, nin equilibrados ,nin minimamente presentables aos concellos

Desde BNG recomendouse en pleno remodelar todos os plans de cooperación provincial, levalos a un Plan Único e establecer criterios obxectivos. Un Plan Único, cun punto base de 150.000€ por concello e a partir de ahi ir aumentando esa cantidade en función das necesidades obxectivas a cada concello e que lle permita aos concellos programar o seu orzamento anual. Porque “as achegas destes plans de cooperación non son xustas, nin son equilibradas e desde logo non son minimamente presentables para as necesidades dos concellos da provincia de Ourense” 

Moitos dos concellos desta provincia só contarán con 81.5000€ de colaboración coa Deputación, sinalou Varela,  unha cooperación ínfima se o comparamos coa cooperación que realizan as outras tres deputacións cos seus concellos a través dos seus Plans Únicos

O Plan de empregabilidade destina 20.000 € de forma lineal a todos os concellos, porén obvia a diferenza de parados por concellos, destinando a mesma cantidade a concellos nos que hai 14 parados como aqueles concellos nos que o número de parados supera o millar. O mesmo acontece co de mocidade, no que se destinan 6000€ a concellos con 20 veciños con idades inferiores aos 18 anos, como aqueles concellos no que número da veciñanza con menos de 18 anos supera o millar. O mesmo o plan de limpeza da rede viaria, hai concellos con 12 núcleos de poboación nun concello moi pequeno e hai concellos con 92 núcleos de poboación e unha superficie  moi importante e o criterio de distribución son os 4.500€ para todos os concellos por igual, sen entrar en que se mantén esa cantidade a pesares do que teñen incrementado os prezos dos combustibles. E o plan de cooperación en obras e servizos municipais, o máis importante, e que se mantén conxelado en 51.000€ desde tempos inmemoriais.