Reunión participativa das Mesas Sectoriais do territorio Leader

Este venres 2 de decembro de 2022, está programada unha reunión participativa das MESAS SECTORIAIS do territorio Leader, no GARDEN LODGE (antigo Hostal Evencio), en Ribadavia, a partir das 16,30 horas, en xornada de portas abertas, para analizar a  Estratexia de Desenvolvemento Rural Participativa, cos distintos sectores: asociacións de mulleres, de mozos e mozas, de acción social, de protección do medio ambiente, agroalimentario, de empresarios e asociacións profesionais, culturais, sector público, do termalismo, turismo e auga, do viño e do sector forestal.

A Asociación Carballiño-Ribeiro, Grupo de Desenvolvemento Rural GDR-12,  xestiona na actualidade o Plan Leader Galicia 2014-2020, que aos efectos da concesión de subvencións, se prolongará ata o ano 2025, estando a  punto de publicarse no DOG a Convocatoria das axudas para particulares e entidades,  para as anualidades de 2022-2023, a finais do mes, das que xa pode  solicitar información nas nosas oficinas.

AVANTAR ACTIVIDADES

O Leader é unha Iniciativa da Unión Europea, da que este ano se celebrou o 30 ANIVERSARIO,  para o desenvolvemento do rural europeo. A Asociación Carballiño–Ribeiro, como tal, leva xestionando o Leader na totalidade dos concellos das Comarcas de Carballiño e Ribeiro, nos períodos 2007/2013 e 2014/2020, na que se uniron os concellos de Padrenda e Pontedeva.

Na actualidade estamos preparando a Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, para a Convocatoria Leader Galicia 2023/2027, para a que xa fomos elixidos pola Agader como candidata a converternos de novo na entidade colaboradora para o territorio Carballiño, O Ribeiro e os concellos de Padrenda e Pontedeva.

O mais importante á hora de elaborar unha Estratexia de Desenvolvemento Local é aplicar o principio da Iniciativa Leader, “o enfoque ascendente, busca a participación cidadá, a través de grupos e institucións públicas e privadas representativas, na toma de decisións sobre a estratexia e na selección das prioridades que se vaian fixar na súa  zona local:

Para iso, elaboramos unha pequena enquisa, que de maneira anónima, se pode contestar no enlace: https://forms.gle/vNYwumfoD8JuesfA9

Neste período de programación contamos cun novo instrumento,  a “Lei da Recuperación da Terra Agraria”, que ten por obxecto establecer o marco xeral para a xestión da terra agroforestal, a súa ordenación de usos, a prevención e a loita contra o seu abandono, o fomento da súa recuperación e a incorporación de persoas mozas á actividade agraria, co fin de garantir a sustentabilidade do sector agroforestal. O noso territorio é pioneiro, contamos con 4 Aldeas Modelo aprobadas, entre elas a aldea de Osmo, no concello de Cenlle, que foi a primeira aldea aprobada pola Xunta de Galicia, e 2 polígonos agroforestais aprobados e 1 en preparación.