A Parroquia de San Cibrao gravou o videoclip do villancico de Nadal

O villancico está composto pola carballiñesa Almudena Mosquera e interpretado pola Coral Polifónica Casino do Carballiño, o Orfeón do Carballiño, baixo a batuta de Jaime González e Cristian Casas respectivamente, xunto cun coro de nenos da parroquia, acompañados ó piano por Óscar Paniagua e ó saxofón por Eloi Pousa, alumnos do conservatorio do Carballiño.

A gravación levouse a cabo onte domingo pola mañá, no entorno da Veracruz, con todas as medidas de seguridade. Participaron o grupo de teatro Tiruleque e Dar Trela, a Escola Municipal de Danza, a Cofradía da Veracruz e Aspadisi. Tamén se achegaron autoridades do concello do Caballiño, Policía Local, Garda Civil e Protección Civil.

AVANTAR ACTIVIDADES