Ata o vindeiro domingo día 11 de decembro, Cruz Vermella do Carballiño mantén activo a súa iniciativa a nivel nacional de cada ano por estas datas. Trátase dun mercado solidario ubicado nos soportais da alameda, en horario de 10.00 a 13.00 horas. O seu obxectivo é o de recadar fondos para o proxecto “El Juguete Educativo”, mediante o cal se entregan ás familias en situación de vulnerabilidade xoguetes novos, cooperativos, non
bélicos e non sexistas.
É un proxecto que se leva a cabo durante todo o ano, por aniversarios ou outras festas, aínda que a maioría das doazóns e tamén das entregas realízanse no mes de decembro.
Ademais da entrega de xoguetes nos puntos de recollida habilitados, pódese colaborar con la campaña realizando donaciones.