O BNG de Barbadás censura a subida polo cauce do Regato dos Muíños na “Cavernícola race 2022”

IES CHAMOSO LAMAS

Segundo a formación nacionalista, este tipo de actividades deben suprimirse ao supor un desprezo pola riqueza medioambiental do río e polo maltrato e destrozo da súa microfauna e dos animais vertebrados diversos que se atopan ademais en época de cría

O Grupo municipal do BNG no Concello de Barbadás e a través dunha moción, pídelle ao Goberno local que deixe de subvencionar ou de realizar actividades de supoñan algún tipo de destrozo medioambiental, quedando prohibida a práctica de actividades asociativas, culturais ou deportivas que supoñan agresións contra os animais e contra o medio ambiente e a natureza en xeral.

HIPER MASIDE

Para o portavoz nacionalista Sarín Núñez, “entendemos moi cuestionables desde o punto de vista medioambiental, a proba celebrada o pasado fin de semana do 21 e o 22 de maio, denominada Cavernicola Race 2022 e concretamente coa correspondente á  subida polo cauce do Regato dos Muíños desde o parque dos patos”.

Para Núñez, “este tipo de actividades deben suprimirse do calendario que poida plantexarse desde o concello, xa que considaramos que son inadmisibles estes exercicios cando supoñen un desprezo pola riqueza medioambiental do río e o maltrato e destrozo da súa microfauna, animais vertebrados diversos ou coa cría dos patos reais ou a pita de río que viven no noso Regato dos Muíños”.

“Consideramos que poden estar moi de moda, actividades tipo “runner”, pero que hai moito monte, sendeiros e pistas forestais para levalas a cabo sen ocasionar destrozos na flora e na fauna dos ríos. A natureza está para ser coidada e respetada, non para facer o que nos veña en gaña”.

Desde o BNG entenden que a práctica do deporte debe estar ligada coa protección e o respeto á natureza, e con todo o que iso conleva. “A diversión a costa do que faga falta non procede”.