O concello de Ribadavia supervisa diversas obras en marcha no municipio

O concello de Ribadavia supervisa o avance de varias obras que están en marcha. Entre elas, a mellora do saneamento, abastecemento e cambio de beirarrúas de San Cristovo, unha obra que suporá 800.000€ de inversión.

Tamén se está a executar a primeira fase da senda peoníl na N-120, desde cruce A Franqueirán. Esta obra conta cunha inversión de 50.000€. Está en marcha o arranxo das instalacións de calefacción e caldeira e outras melloras do Pavillón Municipal O Consello, cunha intervención de 50.000€ de investimento.

AVANTAR ACTIVIDADES

Seguindo cas obras en exterior, estase levando a cabo o arranxo da Ponte Medieval de A Veronza, unha actuación necesaria e que supón preto de 100.000€ de inversión.