O río Arenteiro desbórdase ao seu paso polo Carballiño e inunda o paseo fluvial e fincas próximas.
Tamén o río Carrás desbordouse nalgunhas zonas nas últimas horas, e tamén o río Avia ao seu paso por Leiro presenta un imponente aspecto, inundando o parque do Salgueiral e desbordando a ponte das Poldras.

A gran cantidade de choiva que descargou nas últimas horas provocou o desbordamento do río Arenteiro nalgunhos tramos, mesmo ao seu paso polo Carballiño, inundando o paseo fluvial e varias fincas, e mesmo causando destrozos nalgunhos casos nos peches que delimitan este paseo do río Arenteiro, asi como das propias fincas. Tamén son importantes os danos da riada nas instalacións da Piscifactoria.e na terraza do Restaurante O Muiño das Lousas. Unha estampa impresionante que non se recorda dende o ano 2002.
Nalgunhas zonas da comarca recolléronse ata 140 L/m2 de choiva nas últimas 24 horas.