Xa se pode adquirir a última publicación de Miguel Mosquera Paans: “Ourense, dez mil anos nun xantar”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A última publicación de Miguel Mosquera Paans é a segunda edición dun ensaio de antropoloxía da alimentación nos derradeiros 10.000 anos na provincia de Ourense no que, por suposto, hai cousas do Carballiño. A obra foi merecente do Premio Mundial Gourmand, considerado o Oscar da litearatura gastronómica.
Desde os máis bastos cocidos en tripa do Paleolítico ao máis elaborado marrón glacé. Da corma de cebada prerromana aos máis puxantes viños de hoxe, un estudo de antropoloxía da alimentación que describe a produción, tecnoloxía de conservación, os costumes gastronómicos e a orixe dalgunhas receitas nos últimos dez mil anos da cociña galega.
Obra merecente do Gourmand World Cookbook Awards, Ourense, dez mil anos nun xantar percorre o dilatado camiño do alimento que separa aos primeiros poboadores de Ourense ata a actualidade.
Un ensaio que describe a evolución dos alimentos no tempo, con extrapolacións a toda a antiga Gallaecia, abranguendo ao Cantábrico, a Galicia interior e litoral, e o norte de Portugal, analizando tamén o intercambio e influencias entre outros pobos e a gastronomía galega, como no caso do coñecido polbo á feira, ou as alladas e preparacións “á galega”, débeda cos arrieiros maragatos que, cubrindo a ruta entre Galicia e Levante, trouxeron canda eles o pemento e o adobo ao “ajoarriero”.tamén

Un estudo que permite coñecer máis e coñecer a identidade galega desde unha ollada diferente.

ENLACE A BIOGRAFÍA DE MIGUEL MOSQUERA PAANS Premer na Imaxe


ENLACE DO PUNTO DE VENTA Premer na Imaxe