Victoria Núñez incorpora a sete novos membros á xestora local do PP de Ourense para “reforzar o equipo” cara ás eleccións galegas

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A presidenta da xestora local do PP de Ourense, Victoria Núñez, asinou hoxe a incorporación de sete novos membros ao órgano de dirección dos populares na cidade, co obxectivo de “reforzar o noso equipo” cara ás eleccións galegas. Unha decisión que encaixa na declaración de intencións que realizou trala súa designación a principios de outubro pasado: “Ampliar a base do partido”.

Procedentes dos ámbitos académico, xurídico, empresarial, da administración autonómica e local, así como tamén da organización xuvenil Novas Xeracións, as sete novas incorporacións corresponden a Manuel Pardo Cid, Jorge Rubén Sampedro, Iván Abad Álvarez, Eva Domínguez Estévez, María José del Brío, Belén Iglesias Cortés e   Aurelio Gómez Villar, este dous últimos ademais ampliando a representación popular nos cinco distritos da capital.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Estes nomes súmanse aos dezaseis integrantes iniciais da xestora, entre os que se atopan como membros natos os seis concelleiros afiliados ao PP.

Victoria Núñez agradeceu a positiva disposición que lle transmitiron as persoas recen nomeadas, poñendo en valor a vocación política que demostran aqueles que “cando chama o partido, responden co seu compromiso”. 

Sempre que sexa preciso “seguiremos ampliando a base do PP local”, sinalou a presidenta da xestora, que puxo o foco no obxectivo máis inmediato que teñen os populares: “Levar a Alfonso Rueda á súa primeira maioría absoluta”. Neste sentido pediu “a máxima concentración e esforzo” para manter e aumentar a crecente confianza no PP, que na cidade aumentou o seu apoio en máis de 11.000 votos entre as eleccións municipais e as xerais”.

A composición da xestora queda do seguinte modo:

Presidenta

·       Victoria Núñez López

Membros natos

·       Sonia Ogando Vázquez

·       Noelia Pérez López

·       Ana Méndez Gil

·       Miguel Ángel Michinel Álvarez

·       Inmaculada Moreiras Colmenero

·       Jorge Pumar Tesouro

Outros membros

·       Marisol Díaz Mouteira

·       Elena Rivo López

·       Rosa Sánchez Gándara

·       Ana Muñoz González

·       Eugenia Díaz Abella

·       Álvaro Cid Bragado

·       Mario Guede Fernández

·       Manuel Alexandre Novoa González

·       José Estevez Gómez

·       Manuel Pardo Cid

·       Jorge Rubén Sampedro

·       Iván Abad Álvarez

·       Belén Iglesias Cortés

·       Aurelio Gómez Villar

·       Eva Domínguez Estévez

·       María José del Brío

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------