A Xunta agradece a implicación de Boborás pola humanización feita no concello

IES CHAMOSO LAMAS

A Xunta felicita ao Concello de Boborás por sumarse e implicarse na nova cultura do fermosismo pola que aposta o Goberno galego, así como pola humanización e mellorar dos espazos públicos.

Así llo agradeceu a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, á alcaldesa, Patricia Torres, coa que mantivo unha reunión para coñecer as demandas deste concello da provincia de Ourense.

HIPER MASIDE

Vázquez Mejuto recordou que na primeira convocatoria de axudas para evitar impactos paisaxísticos, a de 2021, Boborás recibiu unha axuda de case 10.000 euros para levar a cabo unha mellora e intervención do lavadoiro do Curro, en Feás.

“Sen dúbida, Boborás é un municipio referente do compromiso co fermosismo, non só desde as instancias municipais, senón tamén por parte da veciñanza”, salientou a representante autonómica, en relación a que en 2021 tamén se apoiaron oito actuacións de particulares cunha subvención total do Goberno galego de 18.664 euros para mellorar os inmobles, co revestimento e pintado de fachadas, así como co remate de cubertas.

A conselleira indicoulle á rexedora que na actualidade o Instituto de Estudos do Territorio está a analizar as solicitudes recibidas ao abeiro da segunda convocatoria.

Asemade, a alcaldesa trasladoulle á conselleira os seus parabéns pola liña de incentivos dirixida aos concellos, que convoca e xestiona Medio Ambiente, para a adquisición de puntos limpos móbiles, da que Boborás se beneficiou. Patricia Torres indicoulle que, grazas a unha axuda de máis de 50.000 euros, o municipio dispón agora deste novo equipamento co que ofrecer un servizo aos veciños máis cómodo e accesible para eles, que facilita o depósito, separación e reciclaxe dos residuos.

Nese sentido, Vázquez Mejuto felicitou á alcaldesa por implicarse e apostar por medidas e proxectos que son respectuosos coa contorna e, sobre todo, que fan avanzar a Galicia na senda da economía circular, coa que espremer os refugallos urbanos e aproveitar a totalidade do seu ciclo vital, como novas materia primas.