Goberno e oposición amosan as súas diferencias na aprobación das taxas municipais para 2023

O salón de plenos da Casa do Concello do Carballiño acolleu hoxe a derradeira sesión da Corporación municipal deste ano e na que destacou a aprobación definitiva dos prezos públicos que rexirán no 2023, cos votos a favor do equipo de goberno e a abstención do PP, e co rexeitamento de Espazo Común e BNG. O grupo municipal de goberno plantexou unha conxelación de impostos e taxas, agás a correspondente á recollida de lixo, que só terá un incremento do 2,5%, e desestimando tódalas alegacións presentadas ao expediente. O PSOE tamén rexeitou unha moción de Espazo Común na que se solicitaba a gratuídade das escolas deportivas.

No pleno, de carácter ordinario, tamén se aprobou o padrón municipal de habitantes a 1 de Xaneiro de 2022, que ascende a 13.932 habitantes, se ben o alcalde asegurou que, na actualidade, é de 14.364 veciños. Os tres grupos da oposición abstivéronse.

AVANTAR ACTIVIDADES