Onte pola tarde, en torno ás 16:30 horas, a Policía Local do Carballiño recibía aviso dun incendio nun edificio ubicado na rúa Alberto Vilanova. O tempo de resposta foi moi rápido, xa que unha patrulla atopábase preto da zona. Nun primeiro momento, os axentes percatáronse de que saía fume pola ventana do primeiro piso de cara a rúa Aller Ulloa, e procederon a desaloxar o edificio completo.
Para comprobar que non quedaba ninguén no edificio, os axentes tiveron dificultades, non podendo pasar do quinto piso a causa do fume que albergaba o interior do edificio. Dous dos axentes tiveron que ser atendidos polos servicios de emerxencia por intoxicación de fume no hospital de Ourense. En torno á media noite recibiron xa a alta médica. Dende a Policía Local aseguran que a súa intervención foi vital para que non se producisen danos persoais.
Os encargados de apagar o incendio foron os bombeiros do consorcio provincial e o GRUMIR do Carballiño. A Policía Local acordonou a zona e encargouse de controlar o tráfico. Agora mesmo estase a investigar as posibles causas do incendio, alegando a posibilidade dun problema eléctrico.