As áreas de turismo e cultura presentan a programación de Entroido no Carballiño

As concellerías Cultura e Turismo presentaron esta mañá a programación do Carballiño para as vindeiras datas do Entroido. Comezarán as actuacións tradicionais do conservatorio e o venres 9 unha novidade: festa comadres e compadres con premios de disfraces patrocinados pola hostalaría local. O sábado 10 teremos o entroido infantil, con obradoiros e concurso de disfraces.

O martes día 13 será o gran desfile de comparsas cos grupos da comarca e tamén de fora, con premios e a orquestra Alkar. O mércores de cinza correrá a cargo de Aspadisi e o grupo de teatro Dar Trela.

AVANTAR ACTIVIDADES

A Festa da Cachucha será o domingo 25, con desfile de mañá e de tarde, con charangas, folións e comparsas. 21 restaurantes farán menús especiais para desfrutar do cocido nesta xornada.

Anunciaron tamén a campaña posta en marcha en redes sociais, feita con humor por mozos ca finalidade de atraer xente ao entroido do Carballiño.

  • Martes, 6

AUDICIÓN DO CMUS e ESMU

20.00 h no Auditorio

  • Venres, 9 na Praza Maior e nas rúas

12.00 h – Desfile de entroido escolar a partir das

20.30 h – 21.30 (1º pase) – FESTA DE COMADRES E COMPADRES – Disco Show Eletium

23.30 h – 01.30 (2º pase)

  • Sábado, 10

ENTROIDO INFANTIL na Praza Maior e rúas

De 11.30 á 13.30 h             Obradoiro infantil de máscaras e complementos de entroido

16.00 h – Batucada PERCUCAR

16.30 h – Concurso infantil de disfraces

18.30 h – Animación musical

  • Domingo, 11 na Praza Maior e rúas

12.30 h – Grupo FEITIZO DE PAU

19.00 h – OS LIBORIANOS

  • Luns, 12 na Praza maior e rúas

20.00 h – FANFARRIA FURRUXA

  • Martes, 13 na Praza Maior e rúas

17.00 h – GRAN DESFILE-CONCURSO DE COMPARSAS E CHARANGAS

19.00 h – ORQUESTRA ALKAR

  • Mércores, 14 na rúa Principal e Praza Maior

19.30 h – Representación do ENTERRO DA SARDIÑA por ASPADISI e DAR TRELA

  Animación CHARANGA CASTRO BELLO

CHOCOLATADA

  • Sábado, 24 na Ínsua dos Poetas. Organiza Fundación Ínsua dos Poetas

16.30 h – ENTROIDO DAS NENAS E NENOS (Concurso de disfraces, premios e                                                                      agasallos, música e xogos, merenda de entroido)

  • Domingo, 25

XXIX FESTA DA CACHUCHA

11.30 h polas rúas – DESFILE DE FOLIÓNS, COMPARSAS E CHARANGAS

Comparsas (Amoeiro, Cea, Pontevedra, Poio…), folións (Petín, Tameirón…), Os Liborianos

14.00 hnos restaurantes – XANTAR DA CACHUCHA

Charanga Doctor Anchoa – Charanga CLK – Charanga Castro Bello – Grupo Tokaide

17.30 h polas rúas – GRAN DESFILE DE FOLIÓNS, COMPARSAS E CHARANGAS

Os da Caña de Marín, Solfamidas de Campo Lameiro, As Sonecas de Campelo, Os Rexoubeiros de Ourense, O Son da Pedra de Pontevedra, comparsas de Amoeiro, de Cea, folións de Petín, de Tameirón, de Chandrexa de Queixa… ademais das comparsas da vila.

19.30 na Praza Maior GRAN BAILE – ORQUESTRA AMÉRICA