O concello retrasa a Cabalgata de Reis media hora, ata as 18:30 horas

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O concello do Carballiño anuniciou hoxe que o espectáculo inicial da Cabalgata de Reis retrásase media hora, ata as 18,30h, por causa da coincidencia de dous enterros.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A decisión tomouse hoxe a primeira hora logo de coñecer que está tarde terá lugar un segundo enterro ás 16:30 no templo da Veracruz, evitando desta maneira causar molestias durante o acto.

Este ano volverá ser o punto de partida o Templo da Veracruz, a xoia arquitectónica do Carballiño, nunha tarde máxica que se atopa entre as grandes citas de Galicia nestas datas. Será este xoves, 5 de xaneiro, a partir das 18 h, cando comece o espectáculo de pirotecnia, música e circo co que se celebrará a chegada das súas Maxestades á vila.

Unha vez rematado, comezará o espectáculo Fantasía de Nadal, onde os Reis Magos acompañados de persoaxes máxicos e artísticos, arrincarán nas súas carrozas ata a Praza Maior, pasando por Conde Vallellano, Rosalía de Castro, Tomás María Mosquera, o cruce da estrada de Ribadavia e Rúa Ribeiro. Durante o percorrido, que irá acompañado da actuación de DJ. Tibu, se botarán dende as carrozas caramelos que, un ano máis, serán sen gluten, mantendo o compromiso adquirido polo Concello do Carballiño ca Asociación Nacional de Celíacos.

Unha vez rematado o tradicional desfile na Praza Maior, as familias entrarán ó Concello dunha forma ordenada para a recepción dos Reis Magos que, un ano máis, intentarán cumplir os desexos dos máis cativos.

Dende o Concello do Carballiño tamén queren agradecer, por adiantado, a todo o persoal que fai posible un evento destas características, a policía Local, Grupo Municipal de Emerxencias, Protección Civil, Cruz Vermella e ós servizos municipais de medio ambiente, obras, electricidade e cultura. Asemade, tamén salientan a importancia que teñen espectáculos coma este para economía da vila e aconsellan á veciñanza que prioricen nas súas compras ó comercio local.