A Xunta reúnese coa administración estatal e local para buscar solucións ao problema dos xabarís en Ourense

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O delegado provincial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participou esta mañá na Subdelegación do Goberno nunha reunión de traballo para buscar solucións ao problema dos xabarís do barrio de Covadonga.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O delegado territorial amosou a súa preocupación pola frecuencia coa que nas últimas xornadas estes animais se achegan ás zonas urbanas e promoveu este encontro no que participaron as distintas administracións, estatal, autonómica local, as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, a Policía Autonómica e representantes veciñais.

Gabriel Alén tamén informou do procedemento de autorización a seguir ante a Xunta por parte das grandes cidades e dos concellos da súa área de influencia para instalar gaiolas trampa en zonas periurbanas dirixidas a capturar xabarís.

O representante do Goberno galego agradeceu á Subdelegación do Goberno a súa receptividade ante un problema de seguridade cidadá que podería acadar cotas de risco para as persoas que frecuentan as rúas e os parques da zona, facendo un chamamento á cidadanía para que non se achegue a estes animais nin os alimente.

O delegado territorial incidiu tamén na importancia de manter limpas e libres de maleza aquelas parcelas e zonas periurbanas que poden resgardar a estes animais e converterse en zonas de encame.