Expourense presentará en Fitur 2023 as feiras de Xantar e Termatalia

A Feira Internacional de Turismo FITUR celebrarase en Madrid a vindeira semana, dende o 18 ó 20 de xaneiro. O presidente da Deputación, Manuel Baltar, presentará “Ourense provincia MICE, Coge Velocidad” co obxectivo de reunir a empresas e profesionais do turismo, así como á prensa especializada, a capacidade que Ourense ten como sede de eventos, congresos e encontros nesta edición de Fitur que reforza o apartado
dedicado, precisamente, ao turismo MICE.

Pola súa banda, Expourense tamén estará como cada ano, presentando as súas dúas feiras por excelencia. Xantar 2023 celebrará a súa 24ª edición entre o 2 e o 5 de novembro, cunha traxectoria marcada na posta en valor de produtos
agroalimentarios de calidade e destinos máis punteiros de España e Portugal. E Termatalia, que neste ano volverá a retomar a celebración intermitente noutro país, que será Uruguai. O seu viceministro de Turismo, Remo Monzeglio, presentou a
candidatura que finalmente foi aceptada nesta pasada edición.

AVANTAR ACTIVIDADES