O’Potiños comeza a retirada das exposicións externas do Arenteiro Fotográfico

O Arenteiro Fotográfico da Asociación O’Potiños alongaba a súa estadía ata o pasado mes de decembro. Para os que aínda queiran aproveitalo, mañá serán retiradas as últimas exposicións que foran cedidas. Entre elas a que está ubicada na casa do concello, de Beatriz Cabanelas, “Las caras del Valle del Olmo”.

En canto á valoración desta última edición é moi boa, destacando un aumento de visitantes sobre todo de fora. A novidade deste ano, de contar cun local no que poder unificar varias delas, foi unha moi boa opción que esperan poder repetir. Agora, a asociación retoma o seu formato habitual de exposicións, con oito mostras espalladas polos diferentes locais cos que contan na vila.

AVANTAR ACTIVIDADES