Ribadavia en Fitur 2023

Xornada en FITUR 2023, a través do Xeodestino Ribeiro Carballiño, presentando neste escaparate mundial a riqueza da comarca do Ribeiro, e en especial no Concello de Ribadavia, tamén temos espazos nos stands de Pueblos Mágicos de España e Red de Juderías de España – Caminos de Sefarad.
Ribadavia é un destino ÚNICO.
Cando falamos de Ribadavia, falamos de patrimonio histórico artistico, de impecable arquitectura que convirte a Ribadavia nunha marabilla do medievo grazas ao seu casco histórico e pasado xudeo.


Ribadavia, CAPITAL de Comarca e da Denominación de Orixe do Viño Ribeiro, a máis antiga de Galicia, é unha das vilas nas que sempre hai unha ocasión ou celebración para brindar cos mellores viños, os do Ribeiro.
Ribadavia é TERMALISMO, contamos coa vila termal de Prexigueiro, de gran riqueza natural nun entorno no que poder relaxarnos e desconertar.
Hai moi poucos concellos nos que atopemos tanta riqueza cultural, patrimonial, tradición, historia, termalismo, viticultura, natureza e FESTAS, hoxe poidemos dar a coñecer no stand de Galicia,dentro da programación “ Festas de Galicia”, a auténtica Festa Istoria de Ribadavia.
Convidovos a visitar Ribadavia.

AVANTAR ACTIVIDADES