O concello presenta a programación para o Entroido, con música, animación, desfile e Festa da Cachucha

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Carballiño volverá a celebrar o entroido en todo o seu esplendor. Esta mañá, os concelleiros de cultura e turismo, Diego Fernández e Manuel Dacal, presentaron a programación para estas datas. Comezarán polo entroido infantil o sábado 18, e moita música, traendo de novo ós Gym Toni’s.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Teremos o gran desfile de comparsas e charangas o martes día 21, recuperando unha participación en torno ó milleiro de persoas. O mércores, ASPADISI volverá a facerse cargo do enterro da sardiña.

E para poñer o colofón, a Festa da Cachucha, que terá lugar o domingo día 26. Nos vindeiros días coñeceremos máis detalles dos locais participantes, que ofrecerán un menú típico dende os 12 euros ós 40 euros. A xornada contará de novo con desfile de comparsas e con animación musical de charangas.

Esta festa, dada a súa traxectoria con anos de tradición, busca ser declarada de interese turístico galego. Dende o concello traballarán para conseguir este distintivo de cara a próxima edición.

Esta será a programación completa:

Martes, 14

AUDICIÓN DO CMUS e ESMU DO CARBALLIÑO

ás 20.00 h no Auditorio Manuel María

Venres, 17

CHARANGA CLK a partir das 20 horas

Sábado, 18

ENTROIDO INFANTIL

De 11:30 á 13:30 h Obradoiro infantil de máscaras e complementos de entroido

A partir das 16:30 Festa-Concurso infantil de disfraces – Animación DJ MELO

A partir das 19.00 h: – Batucada PERCUCAR

A partir das 21.00 h:  – Doctor Anchoa

Domingo, 19

De 11:30 a 14 h Animación do Grupo TOKAIDE

A partir das 19:00 h na Praza Maior:            – OS LIBORIANOS – Coplas de Entroido 2023

Luns, 20

de 20 a 23 h polas rúas da Vila:        – FANFARRIA FARRUXA

De 23.00 h a 01.00 h:                                    – GIN TONI´S

Martes, 21

GRAN DESFILE-CONCURSO DE COMPARSAS E CHARANGAS

A partir das 19:00 h Actuación da ORQUESTRA ALKAR

Mércores, 22

ENTERRO DA SARDIÑA

A partir das 19:30

Representación do ENTERRO por ASPADISI – “QATARLLIÑO”

Animación CHARANGA CASTRO BELLO

CHOCOLATADA

Domingo, 26

XXVIII FESTA DA CACHUCHA

Ás 11:30 h  DESFILE DE FOLIÓNS, COMPARSAS E CHARANGAS

– Comparsas de Amoeiro

– Arrieiros de Petín

– Folión de Fradelo

– Folión de Tameirón

– Asoc. Cult Son da Pedra Meiga

Ás 14 h XANTAR DA CACHUCHA

–  Charanga Feitizo de Pau

– Charanga Doctor Anchoa

– Charanga Europa

– Charanga CLK

– Charanga Castro Bello

Ás 17:30 h GRAN DESFILE DE FOLIÓNS, COMPARSAS E CHARANGAS

– Comparsa Os da Caña

– Comparsas de Amoeiro

– Folión Arrieiros de Petín

– Folión de Fradelo

– Folión de Tameirón

– Comparsa Os Solfamidas

– Asoc. Cult Son da Pedra Meiga

– Comparsas gañadoras do Martes de Entroido

Ás 19.30 GRAN BAILE na Praza Maior ORQUESTRA GRAN PARADA