A provincia contará cunha nova Unidade de Atención a Domicilio con 14 profesionais de enfermería

Continúa a implantación do Plan de Acción de Atención Primaria coa contratación de 14 profesionais de Enfermería que reforzarán os servizos coa posta en marcha dunha Unidade de Atención a Domicilio.

Formada por 7 equipos de enfermería, traballarán en coordinación co persoal dos centros de saúde para atender a todos os concellos da provincia. A súa función principal será a valoración integral dos pacientes inmobilizados, preto de 2.200 na provincia.

AVANTAR ACTIVIDADES

Identificarán as necesidades dos pacientes, as medidas a tomar, como derivalo a outros profesionais, como persoal médico, rexistrarán o seu grao de dependencia, a existencia de coidador responsable, o estado da súa cartilla de vacinación, e o seu grao de adherencia á medicación.