A Ruta das Tapas do mes de febreiro estará adicada ós pratos de cortello

Esta mañá, no café bar Lusco Fusco, tivo lugar a presentación dunha nova xornada da Ruta das Tapas, o 3 e o 10 de febreiro, adicadas ós pratos de cortello. Serán de novo 13 locais de hostalaría os que participan na iniciativa o primeiro e segundo venres de mes. O concelleiro de cultura, Diego Fernández, recordou que os premios desta edición serán de 1+14 amigos, desfrutando de experiencias gastronómicas cos tres colaboradores: Pazo Tizón, Estrella Galicia e a Asociación de Pulpeiros.

O Centro Comercial Aberto colabora unha vez máis ca iniciativa e tamén outras entidades como os viños Pazo Tizón, tamén presentes hoxe e a Asociación de Pulpeiros do Carballiño.

AVANTAR ACTIVIDADES

En representación dos hostaleiros, o anfitrión de hoxe animou a todos a participar nesta nova edición. A continuación amosámoslles cada unha das tapas que poderán degustar este venres.