Nota informativa do Psdeg-Psoe de Ourense

O BIGOBERNO DO PARTIDO POPULAR E DEMOCRACIA ORENSANA NOMEA “A DEDO” AO DIRECTOR XERAL DUN CENTRO DE INTELIXENCIA ARTIFICIAL QUE NON EXISTE

Rafa Villarino, asegura que “PP e DO van a acabar dilapidando os nosos recursos en ocurrencias e ideacións superfluas”, mentres a cidade precisa dun consistorio a pé de rúa e ao carón das “necesidades da cidadanía” Dende o grupo municipal do PSdeG-PSOE de Ourense maniféstase a repulsa cara unha “acción clientelar e irresponsable” que se desentende da preocupante realidade municipal

AVANTAR ACTIVIDADES

Dende o grupo municipal do PSdeG-PSOE de Ourense maniféstase a repulsa cara unha “acción clientelar e irresponsable” que se desentende da preocupante realidade municipal, e malgasta fondos para satisfacer as delirantes ansias de protagonismo do alcalde coa contratación do Director Xeral de intelixencia artificial e o City Manager – que cobrarán 62.000€ e 86.000€ anuais máis trienios, respectivamente-, o que se suma ao dispendio de gasto en asesores e persoal postos “a dedo” polo rexidor da cidade – o que supón que o 40% do orzamento anual do concello se destine á colocación de persoal afín e non se vexa revertido na cidadanía.

A Xunta de Goberno formada por PP e DO ampara a elección doutro “amiguete” de Jácome para “colmar outra das súas fantasías” mentres que o centro de intelixencia artificial non é que non estea en funcionamento, senón que nin sequera existe, afirman os socialistas.

Dende o seo socialista critican que na súa descontrolada carreira por “colocar a afíns”, Jácome continúa “despilfarrando o erario público en simulacros de proxectos” para os que carece de competencia administrativa o concello, e de competencia persoal quen elixe, de xeito clientelar, ao sinalado responsable do inexistente centro de intelixencia artificial.

Este feito “vulnera todos os teitos de gasto”, sen plan económico financiero, e despois de colocar a 23 asesores, un Director de Recursos Humanos e un “City Manager” que fai as veces de alcalde e que realmente non ten ningunha competencia na que os seus informes sexan vinculantes. O grupo municipal do PSdeG-PSOE pregúntase que máis ten que pasar para que PP e DO acaben por fundir a economía do concello de Ourense.

Un concello que debería ter claras as prioridades nun momento de profunda crise xerada pola COVID-19, dedícase, pola contra, a estragar de xeito continuado e con desprezo das advertencias da intervención municipal, os recursos públicos en ideas faraónicas alleas aos eidos de acción municipal.

Mentres, o comercio da cidade sigue asolado pola crise, as silveiras inundan os espazos públicos, as termas prolongan a súa agonía, as vías públicas son un mar de fochancas, a xente segue a caer coas baldosas levantadas en parques e beirarrúas, e non se atisban plans de acción en mobilidade, turismo, educación, cultura ou en calquera das múltiples áreas municipais.

O voceiro municipal, Rafa Villarino, asegura que “PP e DO van a acabar con todo, dilapidando os nosos recursos en ocurrencias e ideacións superfluas”, mentres a cidade precisa, máis que nunca, dun consistorio a pé de rúa e a carón das necesidades da cidadanía.