A corporación municipal do concello do Carballiño reuniuse hoxe na sesión plenaria correspondente ó mes de xaneiro. O goberno local aprobou unha modificación puntual do PXOM para regularizar os edificios fora de ordenación, e que conta co informe favorable.
En canto ó control da oposición, o BNG contou co apoio unánime para o seu Plan de Mobilidade Urbana Sostible, que inclúa entre outras cuestións as medidas urxentes de mellorar a mobilidade peonil e a seguridade vial.
Aínda así, o PP foi crítico e asegurou que contan con que aínda que se aprobe non se fará nada para implementalo. Pola súa banda, o equipo de goberno destacou que se traballou neste camiño, aínda que queda moito por facer.
Seguindo ca seguridade vial, Espazo Común propuxo a creación dun grupo de traballo para estudar a reconversión da estrada N-541 dada a súa perigosidade. O grupo de goberno, igual caos demáis grupos, concordan na necesidade e crearán unha comisión local cuxas propostas serán trasladadas ó “Pacto de Pedre“ polo alcalde.
Na outra moción, propuxeron a elaboración dun plan que permita recoller tódolos puntos negros relativos a zonas inundables para o seu arranxo. O grupo de goberno informou do traballo que se está a facer a ese respecto e das próximas obras que comezarán.