Un cidadán filipino cuadriplica a taxa máxima de alcol e sofre un aparatoso sinistro en Villar de Barrio.

IES CHAMOSO LAMAS

Os feitos tiveron lugar ás 17:40 horas da tarde de onte en Villar de Barrio , concretamente na estrada que une esta localidade con Sarrearus. Ao Lugar desprazouse , unha unidade de Soporte Vital Básico do 061 e efectivos a Garda Civil pertencentes ao Destacamento de Tráfico de Verín, tamén prestaría apoio Protección Civil.

A media tarde de onte a central operativa de tráfico recibiría unha chamada na que un veciño da localidade de Villar de Barrio alertaba de que unha furgoneta ocasionara uns danos ao seu vehículo que se atopaba estacionado nunha rúa da localidade, non tendo a oportunidade de mediar co causante dos devanditos danos. Pouco despois , a través do centro de emerxencias 112 A Garda Civil sería alertada dunha saída de vía a poucos metros do lugar no que tiveran lugar os feitos anteriormente relatados.

HIPER MASIDE

Acudidos no lugar os efectivos da Agrupación de Tráfico púidose constatar unha aparatosa saída de vía na que unha furgoneta Renault Trafic arroiou un contedor para reciclaxe de cartón arrastrándoo na súa traxectoria hacía un horto no que derrubaría unha árbore antes de deterse, resultando ser este mesmo vehículo o que xa provocara danos ao vehículo mencionado inicialmente.
O o vehículo xunto co condutor viaxaba un único ocupante, non presentando, inicialmente, ningún deles lesións de consideración.

Os Axentes identificaron como condutor a un cidadán filipino de 35 anos o cal reside por traballo na mesma localidade dos feitos. O home presentaba unha importante sintomatoloxía alcohólica que posteriormente sería evidenciada mediante as correspondentes probas de impregnación alcohólica con resultados de 1.07 mlg/ l e 1.12 mlg/ l en aire expirado, máis do cuádruplo do máximo permitido, circunstancia que será trasladada mediante as correspondentes dilixencias ao Xulgado de Xinzo de Limia, ao constituír un delito que conleva responsabilidades penais.
O home será investigado tamén ao non poder acreditar que posuíse permiso de condución , en caso de confirmarse dita circunstancia esta persoa incorría nun novo delito contra a seguridade viaria, nesta ocasion por conducir un vehículo carecendo da correspondente autorización administrativa.
Finalmente as dúas persoas implicadas, condutor e acompañante serian trasladadas ao CHUOU para avaliación médica.