O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, mantivo un encontro esta mañá co novo alcalde de Paderne de Allariz, Manuel Pérez, ao que despois de analizar as principais demandas deste municipio en relación á administración autonómica, desexoulle unha etapa exitosa na responsabilidade que acaba de principiar.
Así, durante a xuntanza fixeron repaso dos grandes proxectos e necesidades que dependen da Xunta de Galicia.