Esta mañá, o concelleiro de Cultura, Diego Fernández, anunciou a creación dun novo espazo formativo na Biblioteca Municipal. Neste caso, crearase grazas á donación de materiais por parte da Asociación Fotográfica O’Potiños. O concelleiro alabou o traballo feito por este colectivo e o seu apoio para seguir medrando.
O’Potiños cedeu exemplares de revistas e libros de fotografía, que estarán colocados na entrada do primeiro piso. Estes materiais foron recompilados durante todo este tempo pola asociación, tanto da súa propiedade e obradoiros realizados coma de doazóns.
Para o colectivo é un paso importante, e tamén queren que ahí queden para a posteridade os exemplares que eles mesmos foron editando nos últimos anos, que xa son catro.