O Concello do Carballiño instala esta tarde unha pantalla xigante para ver en directo o Trofeo de Alcoi-Copa de España no que participa o grupo show de categoría nacional do Club Aehde de patinaxe.
A pantalla está colocada na Praza da Veracruz para poder visionar este campionato a partir das 18,55 horas, e dende a Concellería de Deportes e o propio clube convídase a toda a veciñanza a asistir a esta transmisión.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
O grupo show de primeira categoría do Club Aehde O Carballiño afronta hoxe o Trofeo Ciudad de Alcoi-Copa de España, de grupo show na modalidade de grupos pequenos (ata 12 patinadoras). Será a segunda cita de ámbito estatal esta tempada logo de acadar a décima plaza no Campionato de España.
As carballiñesas poñerán en escena sobre o parqué do pavillón Francisco Laporta da cidade alacantina o seu programa ‘Asasinato no Oriente Express’ e competirán con catro formacións cataláns, outras tantas galegas e tamén con representantes das comunidades de Madrid, Cantabria, Asturias, Castela León, A Mancha, Navarra e Illas Baleares, que suman un total de 23 equipos.
















