A Facultade de Filosofía da USC celebrou o seu día cun programa amplo de actividades

Para conmemorar o Día internacional da Filosofía a Facultade da Usc organizou os:

XVI ENCUENTROS INTERNACIONALES DE FILOSOFÍA EN EL CAMINO DE SANTIAGO
“Pensar el mundo humano después de la Pandemia. Fluctuat nec mergitur”
Santiago de Compostela, 18, 19 y 20 de noviembre de 2021

AVANTAR ACTIVIDADES
Avelino Muleiro Óscar Alba Ramos Marcelino Agís Rocío Carolo

Programa Pulsar na Imaxe:


O noso colaborador Avelino Muleiro participou nas xornadas e mandanos esta crónica:

Galicia tamén estivo aí.

Como en toda agrupación social que se prece, as súas celebracións patronais non se reducen a un só día, senón que se amplían os festexos. E tal é o caso da Facultade de Filosofía da Universidade compostelá -por certo, a única Facultade de Filosofía que hai nos campus universitarios de Galicia- que en honor do día internacional da filosofía, 18 de novembro, celebra festa, refesta e requetefesta.

O seu programa, denominado “XVI Encontros dos camiños do pensar”, está enmarcado nun contexto de reflexión poscovid, pero onde a impactante figura de Emilia Pardo Bazán, con motivo do centenario do seu pasamento, cobra inmensa relevancia nesta programación ao dedicarlle, en exclusiva, a xornada do terceiro día.

Nas diversas intervencións que se suceden ao longo do día non faltan as reivindicacións nin as críticas aos últimos proxectos lexislativos sobre a educación secundaria e universitaria en España, onde a filosofía vai camiño de desaparecer dos programas. Á entrada do salón de actos da Facultade de Filosofía onde se celebran estes encontros hai un cartel de grandes dimensións con este texto: Penso, logo…sobro”.

O programa está ben pensado e resulta atractivo e moi interesante porque no seu menú inclúe conferencias -algunhas on-line desde fóra de España-, presentación das últimas obras publicadas sobre filosofía, colaboración de universidades e profesorado portugués, exposición de carteis relacionados coa pandemia…

En definitiva, Galicia non quedou indiferente no día internacional da filosofía ante os retos que se lle presentan como sociedade inserida na globalización nin quedou calada ante as ameazas políticas do intento de controlar o modo de pensar dos galegos e galegas.

Parabéns á Facultade de Filosofía da Universidade compostelá e ao seu decano, Marcelino Agís, que é o auténtico dinamizador e responsable destas iniciativas. Galicia tamén estuvo aí o día internacional da filosofía.

Galicia tamén estivo aí.