O Partido Popular de Ourense comezou esta semana as reunións coas candidaturas de toda a provincia para seguir avanzando no calendario electoral dos comicios do vindeiro 28 de maio. Estes encontros están deseñados co obxectivo de cumprir cos pertinentes trámites administrativos, e quedan enmarcados no cronograma deseñado polo Comité Electoral provincial.
A sede provincial acolleu onte pola tarde a reunión cos cabezas de lista ou responsables das candidaturas dos concellos da comarca de Ourense, coa presencia do vicepresidente provincial e responsable de Mobilización Electoral, Rosendo Fernández, e o xerente do PPdeOU, Luis Vergara.
Continuando cos 37 municipios integrados na Xunta Electoral de Zona de Ourense, este venres celebrarase o encontro de traballo cos cabezas de lista dos concellos da comarca de Celanova e o vindeiro luns, cos de Xinzo de Limia. A continuación, continuarase nas reunións cos candidatos dos municipios das diferentes xuntas electorais da provincia.