Comunicado da Alcaldesa de Ribadavia
Xornada completada con motivo do DIA DA MULLER-8M, CATA DAS MULLERES ENÓLOGAS, ADEGUEIRAS, COLLEITEIRAS E VITICULTORAS DO RIBEIRO!!!
Unha edición máis, todo un éxito de participación!!
Unha cata dun alto nivel dirixida pola experta sumiller Mercedes González, e pasamolo xenial coas regueifas da MELLOR REGUEIFEIRA DE GALICIA, Lupe Blanco!!
Unha edición máis, desde que comecei esta iniciativa no ano 2018, e co fin de impulsar o labor da muller no sector vitivinícola tan considerado exclusivo do mundo dos “homes”, e nada mais lonxe da realidade.
As mulleres non vimos romper ningún esquema, senon que vimos a SUMAR, a facer forza para que se sumen cada vez máis mulleres aos diferentes sectores.
As mulleres coas que contamos, contan con outras actitudes, outras formas de liderar, e de comunicar.
Penso que desde a persperctiva destas enólogas e viticultoras, hai conciencia de optimizar para acadar mellores resultados.
As enólogas, adegueiras e colleiteiras que participan e repiten cada ano, fan un traballo extraordinario, e estan a ganar terreo e a amosar que o fan con outra sensibilidade e perspectiva.
Estas son as nosas Mulleres do Viño do Ribeiro que viñeron a por en valor o seu traballo e a presentarnos o seu viño:
Dori Rodriguez Adegas Celme Adegueira , colleiteira e viticultora
Xulia Bande Adega Son de Arrieiro Adegueira, viticultora, Técnica de viñedo
Iria Otero De Vinos con Memoria Enóloga ,adegueira, viticultora
Cristalina Bodega Pazo do Mar Enóloga
Maribel Gomez Soriano Enóloga e bodegueira
Duvi González de Adega Dona Elisa Adegueira, colleiteira e viticultora
