Manuel Baltar e o alcalde de Trasmiras asinan o protocolo de colaboración para construír a residencia de maiores deste concello

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente da Deputación reuniuse esta mañá co rexedor e un grupo de veciños no Concello de Trasmiras para blindar o compromiso do goberno provincial con este equipamento, realizado a través do esforzo público-privado e orzamentado nun total de 2.197.487,50 euros

A Deputación, garante Manuel Baltar, “empregará todo o seu músculo financeiro para levar a cabo esta residencia, que atenderá a máis de medio centenar de maiores e creará emprego, repercutindo no benestar e o desenvolvemento de Trasmiras”

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

“Emilio Pazos marcou como prioritario dotar ao seu concello deste servizo, sendo quen de tecer acordos coa administración provincial e a autonómica para levar a cabo unha iniciativa estratéxica”, destaca o presidente da Deputación

O alcalde de Trasmiras define a residencia de maiores como “un dos proxectos polos que máis temos loitado para que sexa realidade no menor tempo posible tanto o grupo de goberno coma parte da oposición e veciños. E este obxectivo sería imposible sen a Deputación”

Trasmiras, 10 de marzo de 2023.- O presidente da Deputación, Manuel Baltar, e o alcalde de Trasmiras, Emilio Pazos, asinaron esta mañá na Casa do Concello de Trasmiras o protocolo de colaboración polo que a Deputación cofinanciará a residencia de maiores deste concello.

O compromiso asinado esta mañá por Manuel Baltar e Emilio Pazos blinda a colaboración da Deputación na construción da residencia de maiores, cofinanciándoa xunto á Xunta de Galicia na súa parte pública -cifrada en 750.000 euros-. A empresa que resulte adxudicataria no concurso público terá que asumir posteriormente a outra parte do proxecto, orzamentado nun total de 2.197.487,50 euros. 

Despois da reunión, celebrada en presenza dun grupo de veciños, o presidente do goberno provincial puxo en valor a importancia de “asumir este compromiso para construír unha infraestrutura longamente demandada e que será realizada de acordo cos veciños”. A Deputación, garante Manuel Baltar, “empregará todo o seu músculo financeiro para levar a cabo esta residencia, que poderá atender a máis de medio centenar de maiores e creará emprego, repercutindo no benestar e o desenvolvemento de Trasmiras”.

Manuel Baltar destaca o traballo realizado neste proxecto polo rexedor: “Emilio Pazos marcou como prioritario dotar ao seu concello deste servizo, sendo quen de tecer acordos coa administración provincial e a autonómica para levar a cabo unha iniciativa estratéxica, e na que, sen dúbida, contará con todo o respaldo da Deputación”. 

Pola súa banda, o alcalde de Trasmiras agradeceu “o apoio incondicional do presidente da Deputación” e definiu á residencia de maiores como “un dos proxectos polos que máis temos loitado para que sexa unha realidade no menor tempo posible tanto o grupo de goberno coma parte da oposición e veciños”. E este obxectivo, sinalou Emilio Pazos, “sen a Deputación sería imposible”.