O Carballiño acollerá a primeira Romería das Pulpeiras, o 22 de abril

O Carballiño acollerá o próximo 22 de abril a primeira edición da Romería das Pulpeiras, organizada pola Asociación de Pulpeiros ca colaboración do concello do Carballiño. Será unha xornada de festa, con degustacións, inchables e animación musical. O concelleiro de turismo, Manuel Dacal, explicou como será a xornada e das iniciativas que dende o concello tentarán conseguir para impulsar o mundo do pulpo.

O presidente da Asociación de Pulpeiros comentou que durante a mañá xa haberá degustación de produtos. O menú pechado terá unha capacidade de 400 persoas e un prezo de 35 euros e haberá outra carpa para xente sen menú e incluso quen quiera levar a comida da casa.

AVANTAR ACTIVIDADES

O alcalde, Francisco Fumega, amosou o seu total apoio a esta iniciativa e agradeceu ós pulpeiros seguir sendo o emblema dun Carballiño turístico.