Expourense inaugurou hoxe a 16ª edición de Previsel, salón de prevención e seguridade laboral

Expourense inaugurou hoxe a 16ª edición de Previsel, o salón de prevención e seguridade laboral. Durante todo o día de hoxe e mañá pola mañá, presenta un completo programa de actividades, baseadas na realidade do noso mercado laboral e totalmente accesibles, coa participación de 30 expertos como relatores.
Previsel recolle o tríplex clásico (prevención, saúde e seguridade laboral), promovendo medidas dirixidas á protección e vixilancia da súa saúde como piar fundamental para evitar o acoso sexual e para promover a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes ou para previr trastornos musculoesqueléticos.
Conta tamén coa implicación de dous tres grandes sindicatos de Galicia que convocarán aos seus afiliados: a C.I.G. UGT e CC.OO..
Hoxe, démonos unha volta polo salón, para contarlles algunhas das especialidades aquí presentes, como a dixitalización da seguridade laboral; as diferentes empresas de vestiario e equipación de material sanitario de emerxencias ou tamén a presenza de Cruz Vermella ca formación en primeiros auxilios.