A Opinión dos veciños e veciñas: “O incerto futuro do Asilo de ancians desamparados do Carballiño.-“

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO
Por Bernardo García ,vogal da A. pola Defensa do Asilo,( Marzo 2023)

“ O goberno interior está hoxe xa encomendado á Congregación de Irmás dos Pobres Desamparados pola primitiva fundadora do Asilo Dona Adelaida Prieto , e continuará no sucesivo no mesmo estado”((testamento de D. Severiano Prieto,14 de abril de 1903)

A vontade dos 4 fundadores do Asilo de Anciáns Desamparados do Carballiño recolle de xeito reiterado os seus desexos en canto á localización

,beneficiarios e fórmula de goberno . Cumprise o primeiro respectando que o Asilo se constrúa no Carballiño, coa salvedade de ter que adquirir novos terreos na actual Rúa Curros Enríquez , por non chegar a un acordo cos lindeiros do solar paterno na Praza que leva o nome dos donantes.

En canto aos beneficiarios , isto é , os anciáns desamparados , o primeiro incumprimento dende fai tempo é o relativo á primeira edificación destinada á hospital anexo ao Asilo , reconvertido dende hai anos en colexio concertado .Mais o cambio substancial ocorre aproveitando a reforma de estatutos no 2009 . Na Memoria Xustificativa presentada nunha notaría do Carballiño falase de “Fundación Hermanos Prieto Asilo de Anciáns do Carballiño”,omitindo intencionadamente(?) o de “desamparados” . Cambio substancial

, a pesar de que o apartado 1º de dita Memoria di que “ A nova redacción ten como obxecto adapta-los artigos dos Estatutos anteriores á normativa vixente sen que supoñan modificación substancial algunha”.(Asinan o secretario D.J. Benito Sieiro e D. Luís Fiúza Quinteiro, Bispo de Ourense).Así queda aceptado pola Xunta e incluída a Fundación no Rexistro de Fundacións de Intres Galego. Según o dicionario da RAE “ asilo” é “ un establecemento no que se acolle e asiste á persoas pobres ou desvalidas” . Se a iso engadimos cando no apartado referente aos beneficiarios só se di que “os beneficiarios serán anciáns de máis de 65 anos”(sen mais) , o camiño queda aberto a converter esta institución benéfica por mandato de seus fundadores, en un hotel ou residencia de pago. Publicítase como residencia privada en todo o estado ocultando ser unha fundación benéfica con límite territorial concreto.

O funcionamento do Padroado , composto polo Bispo de Ourense, Arcipreste e Alcalde do Carballiño ten sido moi laso e irregular. Concretamente na reunión do mesmo de 10 de xullo de 2018 toman

posesión D. José Leonardo Lemos Montanet (Bispo de Ourense) , D. José González Martínez (Arcipreste) e D. Francisco Fumega en substitución de Manuel Vázquez . ¿Como se tomaron as decisións correspondentes ao Padroado neses anos? ¿Quen asinou os informes económicos anuais que deben obrigatoriamente ser enviados ao Protectorado de Fundacións da Xunta? ¿ Como é que dous alcaldes nin sequera tomaron posesión e o último moi recentemente ? Menos mal que o Asilo funcionou grazas a independencia que os fundadores conferiron á Congregación das Hermanitas dos Anciáns Desamparados que se encargaron do día a día. Porque será que precisamente quen mantivo co seu traballo e bo facer ininterrompidamente durante máis de 100 anos garantindo que o Asilo funcionase segundo vontade dos fundadores ,foron agora despedidas ?

¿ Porqué o Padroado acordou o 9 de xullo do 2019 nomear a un administrador externo (D. David Martín Casero ,de Zamora) e un avogado (D. Diego Lago Cabo de Vigo) en substitución da comunidade relixiosa para levar o réxime interior? ¿Será o paso seguinte entregar o Asilo a unha institución de carácter lucrativo , con prezos inasequibles para moitos conveciños , que incluso poida ser vendida a algunha das empresas que se dedican a cotizar en bolsa e gañar cartos como sexa ?

Estamos a tempo de despexar incertezas .O Carballiño non pode deixar que se perda o legado benéfico que catro persoas desta vila tiveron a ben deixarnos. Para iso ,dende a Asociación pola Defensa do Asilo facemos as seguintes propostas :

1ª Pedir ao actual Padroado que revise o acordo de 9.07.2019 e encargue o goberno interior do Asilo á congregación relixiosa que sempre o levou.

2ª Demandamos que o actual alcalde do Carballiño informe da actividade do Padroado e faga público o Rexistro de Bens Inmobles do Asilo e o destino dos ingresos que xeran.

3ª Convidaremos aos candidatos e candidatas á alcaldía para que manifesten a súa posición con respecto ao Asilo no caso de resultar elixidos.